Xosé Filgueira Valverde



MARELA!
Andaba a pastar vacas nos cobos das Xunqueiras. O choio non rendía e tivo que entrar de peón na fábrica. De peón pasou a torneiro, e de torneiro a mecánico, e agora é capitán dunha máquina enorme que vale moitos millóns e mesmo semella que ten alma.
Chámalle «Marela!» e fálalle como falaba ás vacas que baixaba ao río.
E cando encomenza a súa «xornada laboral», porque agora é un productor sindicado, pódese escoitar como lle
di,ollándolle ben fixo aos controis:

       -Marela! A ver como te portas hoxe...

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Investigamos con IA