Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2017

Día das Letras Galegas

Imaxe
Comezamos a xornada lendo unha breve biografía de Carlos Casares e algúns fragmentos das súas obras máis destacadas na literatura infantil e xuvenil. Despois realizamos unha xincana por grupos polo colexio con probas baseadas na vida e obras do autor.

Día do Libro

Imaxe
Aproveitando que as Letras Galegas deste ano se adican a Carlos Casares empregamos unha das súas obras máis difundidas como base para a celebración do Día do Libro. Despois dunha lectura da obra pasamos a facer un cómic baseado nalgunha das historias da mesma.

Día da Paz

Imaxe
Construímos o noso "muro da Paz" cos ladrillos que consideramos máis importantes para sustentala e realizamos o visionado de diversos vídeos musicais que promoven a Paz. 

"El árbol de Julia"

Imaxe
Tivemos unha visita para traballar os valores por medio do libro titulado "El árbol de Julia".

SAMAÍN!!!

Imaxe
Disfrazámonos, fixemos calabas terroríficas, escribimos e contamos historias de medo nun ambiente moi lúgubre para celebrar o Samaín. Entregamos un premio para a historia e a calaba máis terroríficas. Parabéns para Marta (3º) pola súa calabaza e para Aldara (6º) pola súa historia.

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2017/2018

Imaxe
Celebramos o Día das Bibliotecas Escolares facendo carteis conmemorativos e lendo fragmentos dos libros favoritos dos maiores do colexio.