DIA DO LIBRO

O 23 de Abril celébrase o DIA MUNDIAL DO LIBRO....no cole realizamos unha chea de actividades ....a primeira delas unha contada...


Fixémos unha visita moi especial a VIVENDA COMUNITARIA CASA PEPE  👴👵, a cal dende aquí lle agradecemos o grande agarimo co cal nos acolleron. De seguro volverémonos a ver...



Aproveitamos xa que de libros se falaba📙📕📖📗.... a amosarlle os que facemos na biblioteca do cole e contar un pouquiño os nosos proxectos de Robótica e Clube de Ciencias e de certo que quedaron ben encantados vendo os robots....o CACHE-BOT 🐄 





Tamén presentámoslle a nosa ENCICLOPEDIA AROMÁTICO-MEDICINAL DO XURÉS 🌿🍃🌱🌻🌳...do cal os nosos maiores teñen moitos coñecementos e mismo botamos un conto e algunha que outra anecdota....







Xa como remate, tiñan preparado unha merenda do máis completa da cal demos boa conta .....🍭🍰🍪🍞

Comentarios

  1. Un encontro interxeracional fantástico ...repetiremos !!!
    Fermosa reportaxe ,o meu agradecemento en nome da familia que formamos as Vivendas Comunitarias Don Pepe .

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Investigamos con IA