Estas son as principais indicacións que debemos seguir para poder empregar a biblioteca da escola en tempos de Covid e poder seguir desfrutando das longas viaxes que os libros nos permiten!!
Esta semana estreamos o LECTOMETRO que nos permitirá levar a conta de todos os libros lidos .....de seguro que o completaremos axiña..... así que estade atentos/as !!!!!.
Hoxe día 21 tivemos unha sorpresa ben inesperada....no patio do cole entre as árbores estaba o Mouro Moure el e máis a súa CICLOBIBLIOTECA. .....🚲📕📙📖📗contounos un feixe de cousas....e trouxo con el A Meiga Chantadiña, as variñas máxicas, vasoiras e ata un lobo....auuuuuuu!!!! foi ademais unha boa ocasión para compartir risas, apertas e lectura na natureza ....que as veces non está tan lonxe senón mais preto do que pensamos....aquí quedan unhas instantáneas desta fermosa actividade...💚👏😍
Comentarios
Publicar un comentario