Día do Libro 2022!!

 Como cada mes de abril celebramos o Día do Libro na escola. Este curso decidimos crear "Os nosos sorbos de lectura" para despois repartilos entre todos.

O que fixemos foi coller os libros que estamos a ler neste momento na "Hora de ler" para facer un debuxo e copiar un anaco do mesmo nun papel que metemos nun vaso de cartón decorado especialmente para este día.

Despois xuntámolos todos e escollemos un ao azar para levar para casa. E así todos teremos un "sorbo" de lectura doutro compañeiro.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Investigamos con IA