Día do Libro 23!!

Este curso traballamos o Día do Libro baseándonos nos nosos libros favoritos, coas portadas dos cales fixemos un mural! 
Tamén fixemos unhas rosas de papel que levamos para regalar ao nos@ lector/a favorit@!
Ademáis escribimos unha historia entre as tres aulas, os máis pequenos encargáronse de empezalo, os medianos inventaron o nudo e os maiores o desenlace! Fixemos unha obra maestra!!

DÍA DO LIBRO 2023 

“CACHEPEPI” 

Érase unha vez, unha vaca cachena chamada Cacheniña que vivía nunha granxa de EΝΤRIMO.

A súa vida era moi aburrida porque pasaba o día encerrada e sen facer nada máis que pastar e durmir.

Todo isto cambiou o día que se asomou polo valado unha cabra salvaxe chamada Pepita, fixéronse moi amigas e un día decidiron escapar xuntas para correr novas aventuras.

Comezaron a camiñar durante moitas horas e chegaron de noite ao Monte de Bouzadrago, onde decidiron descansar ata que se fixera de día. Pero a medianoite comezaron a escoitar sons de animais que escapaban de algo ou de alguén. De súpeto viron luces de lanternas e escoitaron un disparo  moi forte. Ao lonxe viron a dúas persoas encapuchadas e armadas, eran os donos da granxa da que se escaparon Cacheniña e Pepita.

Os dous granxeiros comezaron a  correr detrás delas. Estas tamén correron, correron tanto que chegaron ata unha pequena vila chamada Olelas. Alí había unha granxa moi tola e festeira, onde todos os seus animais falaban galego e eran moi felices. Decidiron esconderse aí un tempo.

Durante a súa estancia na nova granxa, Cacheniña e Pepita fixeron moitos amigos.

Pero un día, os granxeiros de Olelas déronse conta de que había dous animais novos infiltrados. Tras un intenso debate, decidiron adoptalas e facelas parte da súa familia.

Todo ía moi ben ata que unha mañá, ao lonxe, montados nos seus tractores, apareceron os granxeiros da antiga granxa, para recuperar a Cacheniña e a Pepita.

Entre todos os de Olelas, levaron a cabo un magnífico plan e conseguiron enganalos para que marcharan coas mans baleiras.

E así foi como Cacheniña e Pepita comezaron unha nova vida chea de felicidade e novos amigos.




Comentarios

Publicacións populares deste blog

Investigamos con IA