Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2019

CONTACONTOS: MOURO MOURE

Imaxe
Hoxe día 21 tivemos unha sorpresa ben inesperada....no patio do cole entre as árbores estaba o Mouro Moure el e máis a súa CICLOBIBLIOTECA. .....🚲📕📙📖📗contounos un feixe de cousas....e trouxo con el A Meiga Chantadiña, as variñas máxicas, vasoiras e ata un lobo....auuuuuuu!!!! foi ademais unha boa ocasión para compartir risas, apertas e lectura na natureza ....que as veces non está tan lonxe senón mais preto do que pensamos....aquí quedan unhas instantáneas desta fermosa actividade...💚👏😍

LINGUAXE DE SIGNOS

Na maleta que estes dias temos no cole ....veñen libros para ler cos cinco sentidos e mirade o que fan dúas alumnas do noso cole que a través de ler un libriño sobre LINGUAXE DE SIGNOS... son capaces de dicir o seu nome....👍👭😍

MALETA BIBLIOTECAS ESCOLARES

Imaxe
Temos de novo outra "MALETA "  👜 da asesoría de Bibliotecas Escolares .....os primeiros en ver  👀os seus libriños foron os máis pequenos do cole....o certo é que encantántalles ver o que a maleta trae !!!! e xa comezamos a ler e empregar os sentidos, xa que esta maleta vai diso de sentidos e lectura cos sentidos!!!! 👀👂👃👄✋

SEGUNDA COLABORACIÓN CO PICARAÑO

Imaxe
Como ben sabedes colaboramos co xornal " O Picaraño " aquí deixamos a nosa colaboración este segundo número que trata sobre o noso Proxecto en Robótica e as  aplicacións na escola.

CONTADA LETRAS GALEGAS

Imaxe
Como ben sabedes levamos uns dias traballando as LETRAS GALEGAS deste ano 2019 adicado a Antonio Fraguas, e hoxe foi un gran da para nós .....fixemos a lectura do libro " DO TEMPO E DOS ASTROS " e cumprimos o noso obxectivo rematar o libro 📘 e sen repetir lector/a....o certo é que foi unha experiencia maravillosa 👏👏 pois tivemos moita colaboración...das nosas familias, dos nosos veciños/as e do noso Concello....dende aquí so podemos dar as GRAZAS!!!!! sen vós non sería posible facer esta pequena homenaxe a figura dun home que tanto fixo por e para a nosa GALICIA!!!! 

LETRAS GALEGAS 2019

Imaxe
Este ano o día das nosas letras, o 17 de Maio 🎉🎉🎉 , está adicado a Antonio Fraguas Fraguas e no cole estamos traballando a reo....hoxe saímos polas rúas de Entrimo a pedir a colaboración cidadá e facer a pegada de carteis : no Centro de Saúde, na Farmacia, no Concello, na Vivenda comunitaria, na Biblioteca Pública e en 2 cafeterías A Entrimeña e a Porta de Entrimo....da nosa CONTADA da obra do autor "DO TEM PO E DOS ASTROS" ....📖📕📒📘 Animádevos e vide a participar na CONTADA o día 14 de MAIO a partires das 10:30 na praza do Concello....

RETO STEM

Imaxe
Comezamos co noso RETO STEM 👀💣💥💭💫📋⏰🔍  que forma parte dunha das misións , a 18 , do Camiño De Santiago....conseguiremos facer a Catedral De Santiago con palillos e plastilina??? estade ben atent@s....