Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2024

Día do libro

Imaxe
Este curso para conmemorar o Día do libro creamos as nosas propias historias mesturando os títulos de contos tradicionais, creando historias tales como: "Peter Pan no fondo do mar", "Riciños de ouro e a lámpada marabillosa", " Aladino e Pepito Grillo", "Pinocho e a casa de chocolate", ... Escribimos os libros e fixemos as ilustración dos mesmos e despois saímos polo pobo a repartir copias asinadas dos mesmos entre os veciños, de agasallo tamén repartimos rosas vermellas. Esperamos que vos gusten!

Luisa Villalta

Imaxe
Gracias á nosa participación no Proxecta "Donas de si" recibimos unha visita que nos foi adiantando información sobre a autora homenaxeada este ano nas Letras Galegas, contáronnos sobre a súa vida e tivemos a sorte de ver en directo a unha ilustradora xenial que nos fixo un debuxo da autora e nos axudou a facer nós mesmos un retrato de Luisa Villalta. Quedaron Xenial!!

Día de Rosalía de Castro!

Imaxe
 Este ano conmemoramos este día tan noso empregando un conto que está inspirado nun poema de Rosalía de Castro: "Parece unha rosa", e tod@s nos convertemos en fermosas ROSAS.

ORDES DO MECO 2024

Imaxe