Publicacións

Luisa Villalta

Imaxe
Gracias á nosa participación no Proxecta "Donas de si" recibimos unha visita que nos foi adiantando información sobre a autora homenaxeada este ano nas Letras Galegas, contáronnos sobre a súa vida e tivemos a sorte de ver en directo a unha ilustradora xenial que nos fixo un debuxo da autora e nos axudou a facer nós mesmos un retrato de Luisa Villalta. Quedaron Xenial!!

Día de Rosalía de Castro!

Imaxe
 Este ano conmemoramos este día tan noso empregando un conto que está inspirado nun poema de Rosalía de Castro: "Parece unha rosa", e tod@s nos convertemos en fermosas ROSAS.

ORDES DO MECO 2024

Imaxe
 

Día das escritoras

 Este curso, as maiores, buscaron unha estrofa dun poema escrito por mulleres e adaptárona para convertela  na "letra" das cancións que lle gustan.

Día das Bibliotecas Escolares

Imaxe
 Este curso para conmemorar un día tan importante para a nosa biblioteca fixemos un taller de "Caixas literarias" no que convertemos caixas de refugallo en representacións dalgúns contos, recoñecédelos?

Visitamos a biblioteca do Concello

Imaxe
 Comezamos o curso visitando a biblioteca municipal para que nos expliquen todas as actividades que propoñen e todos os recursos que poñen á nosa disposición cada tarde. Coñecemos a Kúmiko, encargada dos obradoiros de fala inglesa e a Marisa que é quen se vai encargar dos talleres de xadrez. Graciñas pola invitación!!

Investigamos con IA

Imaxe
Aprendemos sobre o que nos rodea empregando a Intelixencia Artificial, neste caso unha aplicación chamada Seek que cunha sola fotografía recoñece as plantas e animais e explica as súas principais características.