Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2020

DíaDasBibliotecasEscolares!!

Imaxe
Este curso tocounos celebrar o Día das Bibliotecas Escolares dende a casa...que mellor que ler cada un/unha dende a nosa casiña??De paso aproveitamos para colocalas nun mapiña do noso concello.  Preparamos un pequeno xogo para ver se sodes capaces de descubrir que conto está a ler cada cativo/a. Clicade na seguinte imaxe para xogar!! Moita atención e moita sorte!!

DíaDasEscritoras!!

Imaxe
Se clicades na imaxe podedes ver parte do traballo que fixemos para aprender cousiñas sobre algunhas das nosas escritoras. Dende o mapa inicial podedes ver de onde é cada unha de elas, se clicades nos enlaces do mapa chegaredes a páxinas de cada escritora na que toparedes un enlace directo á información recollida sobre elas na Wikipedia e a un vídeo no que se escoita aos nos@s alumn@s lendo parte da súa obra sobre un debuxo explicativo do que lle evoca a cada un esa lectura.

DíaEuropeoDasLinguas!!

Aproveitando a pluralidade da xeografía do noso mundo queremos ser plurilingües e para comezar aprendemos a dicir "ola" en varias linguas ademais de coñecer as vestimentas típicas das xentes deses países e situalos no mapa.  

Emprego da biblio en tempos de Covid!!

Imaxe
Estas son as principais indicacións que debemos seguir para poder empregar a biblioteca da escola en tempos de Covid e poder seguir desfrutando das longas viaxes que os libros nos permiten!!