Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2015

As nosas eiruguiñas comellonas!!

Imaxe
Un dos los libros favoritos dos primeiros lectores da nosa biblioteca é... "A eiruguiña comellona" de Eric Carle Polo que nos decidimos a criar as nosas propias eiruguñas, cada día están máis grandes e algunha xa montou o se casullo Seguiremos informando do crecemento dos nosos vermes.

ÍMONOS A OURENSE!!

Imaxe
Para coñecer máis a fondo o libro de "A nena e o grilo" marchamos de excursión a Ourense para que no lo conten nunha estupenda obra de teatro, chea de cancións e diversión: Ao acabar aproveitamos para dar un paseo pola capital e desfrutar dunha riquiiiiiisima comida: Xa coa barriga ben chea marchamos ó parque a seguir pasándoo ben: E cansos de tanto xogar e pasalo ben montamos no bus de volta a Entrimo

Semana das Letras Galegas 2015_Xosé Filgueira Valverde!!

Imaxe
Para celebrar a Semana das Letras Galegas deste ano, adicamos as horas de ler de todos os días da semana. Comezamos cunha breve presentación da vida e obra do homenaxeado realizada pol@s mestres: Posteriormente os nen@s comezaron a traballar en pequenos grupos: Cando porfin todos rematamos Pasamos a expoñer parte do traballo e a completar a exposición compoñendo un quebracabezas da lámina que nos faltaba:

DÍA DO LIBRO!!

Imaxe
Para celebrar o Día do libro foron os maiores do cole, de 5º e 6º de primaria, os encargados de contarlle contos infantís aos máis pequenos. Quedaron todos encantados coa experiencia!!!

INAUGURACIÓN!!

Imaxe
Para inaugurar a nosa nova biblioteca fixemos unha festa por todo o alto. Tivemos de todo para demostrarlle aos cativos que na biblio se poden facer moitas cousas. Comezaron os nosos presentadores cortando a cinta inaugural despois do brillante discurso do director: Xa dentro da biblioteca os presentadores déronlle paso ó espectáculo:  conseguiron que todos estiveran moi pendientes dos artistas. Comezaron os de infantil facéndonos rir continuaron os de 1º e 2º de primaria recitando preciosas poesías os de 3º e 4º fixéronnos bailar cunha marchosa canción que invitaba a todos a "vir á biblioteca" os maiores, de 5º e 6º, fixeron unha obra de teatro en INGLÉS!!!! E xa, para o remate, entregamos o premio á gañadora do concurso de marcapáxinas Parabéns Marta!!

Guía de usuarios da biblioteca!!

Imaxe
Para un bo comezo na biblioteca entregamos un tríptico coa infirmación básica de funcionamento da mesma.

CONCURSO MARCAPÁXINAS!!

Imaxe
Para poder inaugurar a nosa nova biblioteca propuxémoslle aos cativos participar nun concurso de marcapáxinas, e este foi o resultado:                        E o marcapáxinas gañador foi...                          de Marta de 1º de Primaria.

Xosé Filgueira Valverde

Imaxe
MARELA! Andaba a pastar vacas nos cobos das Xunqueiras. O choio non rendía e tivo que entrar de peón na fábrica. De peón pasou a torneiro, e de torneiro a mecánico, e agora é capitán dunha máquina enorme que vale moitos millóns e mesmo semella que ten alma. Chámalle «Marela!» e fálalle como falaba ás vacas que  baixaba ao río. E cando encomenza a súa «xornada laboral», porque agora é un productor sindicado, pódese escoitar como lle di,ollándolle ben fixo aos controis:        -Marela! A ver como te portas hoxe...

E así nos quedou...

Imaxe