Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2021

Bo Nadal 2021!!

Imaxe
  Para marchar contentos de vacacións fixemos unhas actuacións navideñas perfectas. Esperamos que vos gusten e que desfrutedes moito das festas!!

Viaxe navideña!!

Imaxe
 Visitamos Celanova e Vilanova dos Infantes montados nun tren moi navideño!!

Día Internacional das persoas con discapacidade!

Imaxe
Comezamos esta xornada contando e falando sobre o conto "Miña guía Meu capitán" e despois puxémonos a debuxar cos ollos tapados para entender un pouco como se sente a xente que non pode ver!!

Novembro!! Mes da Ciencia!!

Imaxe
Para finalizar o mes da ciencia os nosos maiores foron os encargados de explicar e levar a cabo catro experimentos moi interesantes!!

Día Internacional Contra a Violencia de Xénero!

Imaxe
 Comezamos a xornada escoitando e razoando sobre o conto de Artur e Clementina, despois escoitamos a canción de Rozalén "La puerta violeta" e representamos cada un dos seus versos cos nosos propios debuxos.  Para rematar decoramos unha árbore do patio con globos violetas para que se visualice a nosa loita pola igualdade de xénero!!

Día Universal da Infancia!

Imaxe
 Para conmemorar este día tan especial para as crianzas escollemos unhas viñetas que o creador de Mafalda deseñou específicamente para representar algúns dos dereitos da infancia. Aínda que son moitos máis os dereitos que teñen e os que conseguirar acadar.

Magosto 2021!

Imaxe
Tivemos a sorte de recibir a visita da escola de Lobios!! Fixemos moitos amig@s e pasámolo xenial!! Volvede pronto!!

Por fin chegou o Samaín!!

Imaxe
Enchéusenos o cole de MONSTROS!!     Este ano propuxemos ás crianzas e ás súas familias un concurso de relatos de medo...e o resultado foi...TERRORÍFICO!!  

Día das BibliotecasEscolares!!

Imaxe
Este curso, para conmemorar o día das nosas bibliotecas...puxémonos creativ@s e actualizamos o final dalgúns contos tradicionais, ao noso gusto! Quedaron mellor do que estaban!

Día Europeo das Linguas!

Imaxe
Para conmemorar esta data fixemos a tradución dalgunhas frases feitas a diferentes linguas, comparándoas coa súa versión en galego!

Comezamos!!!!

Imaxe
Arrancamos o curso dando un pequeno repaso ao patio, recollemos o lixo e puxemos a punto o valado...para empezar de 0!!

Visita al cine!!!

Imaxe
Dado que o noso Proxecto de este curso estaba baseado no cine...que mellor forma para remata lo que visitando un cine de verdade.

Os nosos maios!!

Imaxe
Para celebrar un mes tan colorido, decidimos facer a nosa pequena homenaxe a unha gran tradición na nosa terra...creamos os nosos maios!

Letras Galegas 2021!! Xela Arias

Imaxe
Despois dunha intensa semana traballando sobre Xela Arias decidimos gravar uns programas de televisión baseados en todo o aprendido sobre ela. Pasámolo xenial gravando e o resultado foi marabilloso!! Botade unha ollada!!!

Anuncio Día do Libro!!

 Para promover a lectura en todas as idades fixemos un spot publicitario moi orixinal.

Día da Terra!!

 Aproveitando a visita de Anxo Moure editamos un vídeo contando o seu libro "O carballo con botas"!!

Visita Anxo Moure!!

 Na Semana do Libro e da Terra recibimos a visita de Anxo Moure que nos contou e cantou moitos dos seus contos para conmemorar estas dúas datas tan sinaldas, xa que moitos dos seus libros promoven o coidado da terra. Encantounos e escachamos da risa con el!!!

Día da Poesía!!

Aproveitamos a Andaina a Pozo Caído para conmemorar tamén o "Día da poesía", adicando ás árbores e á auga uns poemas propios que preparamos entre tod@s previamente na escola.

Día da Árbore e da Auga!!

Aproveitamos que estamos rodead@s de un inigualable paraxe natural para conmemorar o Dìa da Árbore e da Auga nunha andaina ata "Pozo Caído" con merecida parada en Pacín para almorzar!!

Semana da Prensa!!

Imaxe
 Convertémonos en auténtic@s xornalist@s para conmemorar a Semana da Prensa, editando o noso "Xornal de Entrimo"!!

8 Marzo_Día da Muller!

Para conmemorar o Día da Muller montamos "a nosa escaleira pola igualdade" na que cada chanzo é unha frase reivindicativa que cada cativ@ escribiu e decorou en busca da igualdade de xénero.  Os maiores tamén fixeron un "Lapbook" de Marie Curie. Botade unha ollada!!!

Día de Rosalía!!

 Celebramos o Día da nosa Rosalía!!

101 Dálmatas Entrimeñ@s!!

 Chegou o gran día do Entroido e despois de moito traballo entre ensaios, gravacións, confeccións, estampacións, recortes e costuras...ensinámosvos o resultado!!! Esperamos que vos guste!! Feliz Entroido!!!

O "meco" púxose cinéfilo!!

Imaxe
 Este curso as ordes do meco para o semana do Entroido tamén estaban baseadas en grandes personaxes do cine!!

¡¡Hakuna Matata!! Vive e deixa vivir!!!

 Mesturamos o Día da Paz, gracias a unha canción moi positiva; co noso proxecto de cine, un pouco de ritmo, percusión corporal...e este foi o resultado!!! Esperamos que vos guste!!!