Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2017

DECIMOS NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO!!!!!

Imaxe
Dende a biblioteca do CEIP Santa María A Real queremos mostrar o noso rexeitamento cara a violencia de xénero polo que conmemoramos o Dia internacional contra a violecia de xénero facendo un mural construido coas nosas mans impregnada de cor mor morada. Tamén  falamos sobre unha frase moi importante relacionada con este tema "Quéreme moito pero quéreme ben", cada un explicou o que significaba para el esta frase, pintárona e pola parte de atrás fixeron un debuxo sobre o que para eles significa"querer ben".

PASAMOS MOOOOOOOITOOO MEDOOOOO!!

Imaxe
Para celebrar o Samaín dende a biblioteca aproveitamos o noso castelo medieval para convertilo nun castelo TENEBROSO e alí dentro, despos de facer un desfile de disfraces, contamos as historias de medo escritas polos cativos coa axuda das súas familias.  Ao rematar votamos para elexir o mellor disfraz e a mellor historia e tomamos unha "merenda asquerosa" que prepararon os cativos de Infantil e 1º: galletas en forma de momia e sangre con sesos!!! ESTABA TODO MOI RICO!!

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES!!

Imaxe
O 24 de Outubro levamos a cabo unha xornada de estilo medieval para celebrar o Día das Bibliotecas Escolares. Nun día tan especial innauguramos o noso "castelo do medievo" e para eso creamos entre todos unha poesía de xograr que posteriormente recitala con moito "sentimento".

DÍA DA HISPANIDADE!!

Imaxe
Celebramos o Día da Hispanidade visionando algúns videos relacionados co tema, falamos sobre por qué é especial este día, e as connotacións que tivo para que a nosa sociedade sexa como é ahora. tamén fixemos un mural  tipo puzle con pezas que pintaron todos o cativos.