Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2016

XIII Festa de exaltación da empanada de forquellas e cachena da Serra do Quinxo.

Imaxe
Para conmemorar a festa que se celebra en Entrimo propuxemos un concurso de vacas cachenas, no que gañou a vaca máis orixinal.

Día das Letras Galegas

Imaxe
Despois dunha semana completa traballando sobre as obras de Manuel María, propuxemos un concurso de marcapáxinas baseado nos poemas da obra "Os soños na gaiola", cada cativo colleu ó azar un poema no que tiña que basear o seu marcapáxinas, mentres traballabamos íamos lendo os poemas que nos tocaran.  Os de infantil fixeron o marcapáxinas baseado na obra de Manuel María "O bigote de Mimí".

Día de EUROPA

Imaxe
Para celebrar o Día de Europa buscamos moita información sobre os países europeos, a súa localización e as cores das súas bandeiras, para crear un mural moi Europeo.