Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2016
Imaxe
PROGRAMA DE PARTICIPACIÓN AMBIENTAL Viñeron a facernos unha visita para informarnos sobre a importancia do coidado das reservas da biosfera de Galicia, xa que nós temos a sorte de vivir nunha delas e debemos potenciar o seu bo estado. 
Imaxe
DÍA DO LIBRO Celebramos o Día do Libro o venres 22 de Abril e, como non, fixémolo lendo: as rapazas maiores do cole contáronlle uns contos preciosos ós cativos nos que rompían con todos os estereotipos dos contos tradicionais, pasámolo moi ben escoitando e comparando as novas versións coas de toda a vida.  Tamén lemos un conto que inventamos entre todos durante as semanas anteriores e decidimos o título do mesmo: "Unha historia chea de aventuras"
Imaxe
VISITA DE ANXO MOURE O pasado 19 de abril visitounos na biblioteca o escritor Anxo Moure e pasámolo mooooooiii ben con el e as súas historias.