Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2020

Propostas cinéfilas Nadal 2020!!

Seguindo coa temática do cine, este Nadal propoñémosvos a lectura dunhas obras clásicas que foron levadas á gran pantalla tendo un gran éxito aínda a día de hoxe, algunhas delas consideradas obras maestras por ser precursoras do cine actual. A idea é que vos animedes a ler algún e despois a visionar a súa película... para ver cal vos convence máis!! Tres das propostas van dirixidas aos "máis cativos" (Pinocho, La Sirenita e El Principito) e tres para os "menos cativos" (Alicia en el país de las maravillas, Charlie y la fábrica de chocolate e El maravilloso Mago de Oz). Se clicades na imaxe de cada libro toparedes unha breve reseña sobre o mesmo e a súa historia.  Desfrutade do Nadal!! Vémonos Pronto!!

Celebramos O Nadal!!!

 Neste Nadal tan especial...decidimos facer cousas máis especiais ca nunca, esperamos que vos gusten!!!  FeLiCeS FeSTaS!!!

Árbore de Nadal Cinéfila

Imaxe
Estamos tan metid@s no tema do cine que ata decoramos a nosa árbore de Nadal con imaxes dos nosos personaxes favoritos dalgunhas películas. Quedounos espectacular!!!

Máis cine: a dobraxe!!

Imaxe
 Avanzamos no traballo da creación de películas, agora practicamos a dobraxe con frases célebres de películas de animación que traducimos ao galego.

Proxecto cine: Practicamos co croma!!

Imaxe
 Seguimos aprendendo sobre diferentes técnicas de cine, desta volta traballamos co croma.

Día Internacional Das Persoas con Discapacidade!

 Para celebrar o Día Internacional das persoas con Discapacidade recibimos a visita dun papá!  

MesDaCiencia!!

Para culminar o mes da ciencia nas bibliotecas escolares galegas dende a nosa biblio fixemos un maxi experimento: cada un fixemos un "slime" e marchamos encantados con el para a casa. Se vedes o video aprenderedes a facelo!!

Descubrimos as películas!!

Imaxe
Como estamos profundizando no tema do cine, puxémonos a xogar a descubrir as películas, primeiro con mímica e despois con debuxos, a verdade é que se nos da xenial.