Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2018

BO NADAL DENDE A BIBLIO

Imaxe
Pois inda parece que foi onte cando comezou o cole logo do verán.....e xa estamos a fin do 1º trimestre, pero antes de marchar de vacacións de Nadal...lembrades que a biblioteca propuxo unha bonita actividade sobre a lectura en familia? si, verdade? pois con aquelas fotos nos despedimos deica o 2019 ....a verdade é que quedou ben bonita a entrada do centro con todas as fotos que enviaron as familias... por certo GRAZAS, MIL GRAZAS pola vosa colaboración. Dende a biblioteca do CEIP Santa María a Real desexámosvos :  BO NADAL e FELIZ ANINOVO 2019!

LOGO DO NADAL......

Imaxe
Pois si, logo do Nadal seguiremos a ler...no cole estrearemos o noso PUNTO DE INTERCAMBIO de libros e material relacionado coa lectura, para o  que  solicitamos a colaboración das familias e dos Reis Magos que de seguro traerán algún libriño.....

O PICARAÑO

Imaxe
O vindeiro día 29 de Decembro en Entrimo terá lugar a presentación dun xornal " O Picaraño" estade ben atentos/as porque de seguro o noso cole estará ben presente....polo momento os nosos alumnos/as xa son coñecedores da nova e levan información de primeira man para a súa casa.

OS DEREITOS HUMANOS

Imaxe
O 10 de decembro celebrouse o día Internacional dos Dereitos Humanos e diso estivemos a traballar os maiores do cole, para tal fin empregamos a biblio para documentarnos e usar o seu material. Cos mais peques empregamos un libro ben bonito cos Dereitos do neno. 

MALETA VIAXEIRA : CAMIÑO DE SANTIAGO

Imaxe
Como ben sabedes no cole traballamos a reo sobre o Camiño De Santiago que pasa polo noso concello de Entrimo así que fai ben pouco chegou ao cole unha maleta repleta de libros, CDs, mapas sobre o Camiño....por certo foi todo un éxito de préstamo na biblio !!!!!!!!. 

DIA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Imaxe
O 3 de decembro debería lembrarse en cada xornada do ano e senón que llo digan a Lorenzo que leva a diario o seu cazo......pero tamén a Cuadradito ambos superanse cada día e amósanlle os demais que ter unha DISCAPACIDADE é ser especial, pero que moi especial!!!  Os nosos alumnos/as puxéronse na súa pel por unhos intres. 

AVEZOO

Imaxe
Non deixa de sorprendernos este libriño que para cada letra do abecedario ten unha orixinal e divertida  poesía. Que dixo que a poesía non é entretida!!!!. 

MES DA CIENCIA NA BIBLIO

Imaxe
Como xa comentamos no blog o pasado mes de Novembro foi o mes da Ciencia na biblio e no centro por suposto estivemos traballando o tema e realizamos algún que outro experimento.....non saímos polo aire!!! cos mais peques fixemos un moi interesante sobre NEUROCIENCIA e as emocións ...as de Gutierréz o protagonista do experimento, que amosou que ten as mesmiñas emocións  ca  todas as persoas ...... Elaboramos un pequeno tríptico que por suposto está nas Produccións propias da nosa biblio. 

O LIBRO INFORMATIVO

Imaxe
A verdade é que os libros de tipo informativo enganchan a grandes e pequenos unha boa mostra é o libro co estamos a traballar "AVENTURAS Y DESVENTURAS DE LOS ALIMENTOS QUE CAMBIARON EL MUNDO" no seu primeiro capítulo "El trigo". Ademais de ler poidemos empregar as TIC para ver un interesante video sobre como facer pan, alimento básico da nosa dieta diaria. 

ORELLAS DE BOLBORETA

Imaxe
Ser diferente non ten que ser motivo de mofa por parte doutros/as eso ben o sabe a protagonista doutro dos libros que lemos na aula dos mais peques do colexio, o respeto e autoconcepto positivo de nos mesmos e dos demais deben ser premisas fundamentais na nosa vida. Valores que dende a biblioteca pretendemos transmitir coa lectura.

CUIDADO CON LA RANA....

Imaxe
Con este libriño e ca historia que del se conta, os nenos e nenas da aula de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria comprenderon que non siempre as historias rematan con final feliz....

LAPBOOK

Imaxe
Na sesión semanal de técnicas de estudo estivemos elaborando unhos estupendos LAPBOOK sobre o recén finado Stand Lee da saga Marvel e o cómic, quedaron ben bonitos, dende hoxe forman parte da sección de Produccións Propias da nosa biblioteca.

E NA MIÑA CASA QUE LLES GUSTA LER?

Imaxe
A biblioteca está a levar a cabo entre outras actividades e propostas, o fomento da lectura no ámbito familiar e para tal fin, que mellor que implicar as nosas familias, verdade??? estes días poderedes ver na entrada do noso centro un carteliño que ben o explica, e a partirés do 4 de decembro o resultado da mesma, agardamos sexa unha iniciativa que teña éxito.....xa vós contarei!!! 

DIA INTERNACIONAL DA INFANCIA

Imaxe
Hoxe 20 de Novembro celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA

PROXECTA : O CAMIÑO PORTUGUÉS

Imaxe
Por fin é unha realidade acaban de concederlle ao noso centro o Proxecta de Educación Patrimonial.......para nós é unha boísima nova !!!!!! www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_provisional_18_19_plan_proxecta_definitiva_asinada.pdf

MES DA CIENCIA NA BIBLIOTECA

Imaxe
Este mes de novembro é o mes da Ciencia En Galego na biblioteca. Por suposto que algún experimento argallaremos!!!!  E como non........aquí vós deixamos algunha proposta literaria sobre ó tema, en concreto un libro de tipo informativo que lles encanta dende os máis pequenos os máis maiores,poderedes atopalo na nosa biblio .

O MAGOSTO

Imaxe
Co gallo do Magosto dende a biblioteca propuxemos unha serie de lecturas axeitadas a esta festividade. Nesta época non todo vai ser pan e chourizo verdade?? tamén hai algo de tempo para ler.... A historia de Xaime  e as landras amósanos o paso do tempo e poder así comprender como muda o noso aspecto físico e o do entorno. Co libro O Magosto descubrimos en primera persoa a tradición e costumes típicas esta festa.  

LECTURA EN EDUCACIÓN INFANTIL E 1º DE PRIMARIA

Imaxe
Como xa puidestes ver nunca publicación anterior , na aula dos máis pequenos traballamos con contos. O certo é que lles encantan !!!

NOVIDADES

Imaxe
ATENCIÓN!!!!!!! Acabados de chegar: novo material na Biblioteca do noso cole.....e ademais para todos os gustos dende ciencias a cómics, dende narración a poesía, dende infantil a primaria e incluso gamers....agardando xa a que os nosos rapaces e rapazas os lean ....

SAMAÍN

Imaxe
No Samaín ademais de cabazas terroríficas e xogos arrepiantes ....houbo ....por suposto lectura, aquí vós deixo a proposta de libros para ler nestas datas tanto para os máis peques con "Monstruos patas arriba" coma para os maiores "El vampiro vegetariano " e "El fantasma de Canterville" ademais  houbo proposta de lectura en galego con " Contos de charlatáns, grumetes, botas e fendas", " Contos de cabuxas, ratos, libros e casas " , " Contos de barcos, paxaros, infancias e pesadelos" e " Contos de máscaras, rúas, perdicións e caníbales" como podedes ver todos eles dan moito medo !!!

PDI

Imaxe
Como xa ben sabedes o noso cole está a facer varios proxectos a vez, un deles e no cal a biblio traballa a reo é o PDI  sobre o camiño de Santiago portugués ....aquí vos deixamos algunhas fotiños da nosa visita a Santa María a Real onde descubrimos o escudo que estamos a investigar na misión número 1.....atoparemos a identidade dese famoso cardeal do que ninguén sabe nada??? ......

LECTOMETRO

Imaxe
Esta semana estreamos o LECTOMETRO que nos permitirá levar a conta de todos os libros lidos .....de seguro que o completaremos axiña.....  así que estade atentos/as !!!!!.

O CONTO

Imaxe
Un xeito lúdico e motivador  de promover a linguaxe e o seu uso é  "O CONTO " ademais desenvolve a imaxinación e a capacidade reflexiva xa que todos gardan unha mensaxe. Na aula de Educación Infantil e 1º de Primaria todas as semanas contamos un diferente que por suposto escollemos tendo en conta a opinión dos máis peques do cole.