Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2019

DIA DE ROSALÍA

Imaxe
En honra a Rosalía....Caldo de Gloria e poesía 📖🍲 RINCÓN MÓBIL 📕📖 CALDO DE GLORIA 🍲 POESÍA 📜

AUDIO CONTO

Imaxe
Esta semana tocou contada claro que sí....pero desta vez foi AUDIO CONTADA 👂👄 e por certo que os rapaces e rapazas de educación Infantil e 1º de Primaria estiveron moi pero que moi atentos 👀 logo ben o amosaron a hora de compoñer as diferentes esceas do conto que por certo foi un clásico " A Bela Durminte"...👸💤💤💤💤💤

NOVIDADES LECTORAS

Imaxe
Chegaron libriños novos....hai algo de todo....medo, poesía, aventura, historia.....👀. 

DIA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Imaxe
O pasado 11 de Febreiro 📅 estivemos nunha sesión na biblio traballando sobre o papel da Muller e a Nena na Ciencia  💉🔬📊e que mellor que por medio dos libros ....🔝🔝🔝🔝

RECUNCHO MÓBIL DA BIBLIO

Imaxe
O RECUNCHO MÓBIL DA BIBLIO ⛳   é un espazo na entrada do cole adicado a  mostras de material da biblioteca sexa en formato papel, DVD, dixital, produccións propias .....relacionados con algún tema que se traballe no cole.... a primeira delas foi sobre ANTIGOS MATERIAIS  que había na biblio e que seguramente empregaron antiguos alumn@s do cole .... A segunda foron as LECTURAS DA PAZ  E na actualidade temos AS ANTIGAS CIVILIZACIÓNS

MALETA VIAXEIRA

Imaxe
De novo chegou outra maleta ao cole....💼 e con ela veu o sol 🌝..... esta tarde xa estivemos lendo algún dos moitos libros que trae 👀

MALETA VIAXEIRA DIVERSIDADE: MARÍA FUMAÇA

Imaxe
Como ben sabedes somos afeccionados á lectura 📕📖 e tamén á música 🎼🎵 pois ben decidimos xuntarnos e traballar ambas cousas, fíxemolo con un libro ben bonito de MARÍA FUMAÇA  que viña na maleta 💼 de Bibliotecas Escolares sobre  diversidade.

KAMISHIBAI

Imaxe
A contada desta semana fÍxose cun recurso que a par de ser motivador e moi práctico ademais de ser   fundamental na biblio : O KAMISHIBAI en xaponés significa " TEATRO DE PAPEL", 😮 esta formado por unha serie de láminas nunca cara é texto, na outra ilustración ; todo isto sobre un soporte con tres portiñas chamado "butai". E que pensases?????? fíxemos dúas contadas do mesmo conto!!!!!!📖📙📘📕📖  unha en GALEGO e a outra en INGLÉS Mellor velo en imáxes !!!!! 📷.

MESA DE LUZ

Imaxe
Un novo recurso chegou ao noso centro atópase no ESPAZO MAKER da biblio :  A MESA DE LUZ 🔦 Con ela entre outras moitas cousas podemos traballar a estimulación sensorial, os Procesos psicolóxicos básicos como atención 👀 , percepción   👂 e memoria 💭 , a relaxación 💆 .... favorecendo a aprendizaxe por experimentación e sendo un potente recurso motivador. Os primeiros en estreala  foron os nen@s de educación infantil 👶 e 1º de primaria....

ESPAZO MAKER : ESPAZO MULTIDISCIPLINAR

Imaxe
Na nosa biblioteca creamos fai pouquiño 💻📱📝 ESPAZO MAKER 💭💥🌿🚶 que ten como obxectivo ser un espazo MULTIDISCIPLINAR de traballo dos diferentes proxectos: ROBÓTICA , CLUBE DE CIENCIA, ANTIGAS CIVILIZACIÓNS   e CAMIÑO DE SANTIAGO así como as diferentes actividades realizadas na biblioteca como : ALFIN, PDI, PROXECTO LECTOR convertindo a biblio en centro de aprendizaxes. 

ACTIVIDADES DIA DA PAZ

Imaxe
Como ben sabedes a biblioteca 📖📘📙📗📕📖 propuxo un par de lecturas para a semana da PAZ 😇 e ademais diso tamén colaborou na realización dunha pequena actividade no primeiro andar do cole....decoramos as nosas escaleiras con FRASES SOBRE A PAZ, agardamos vós guste o resultado!!!! 😍.