Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2020

StopMotion!!!

Imaxe
Aproveitamos unha pequena cidade de “gnomos” con casiñas cogomelos que fixemos para traballar o outono, para seguir traballando o cine de animación, esta vez empregamos a técnica do StopMotion, que consiste en ir sacando fotos de todos os movementos para despois  xuntalas en orde e que pareza que os protagonistas se moven como na realidade!!

Aprendemos sobre o cine de AnimaCióN!!

Imaxe
 Para entender como se fan as películas que máis nos gustan, é dicir, as de debuxos, estivemos investigando sobre os precursores das mesmas, e descubrimos moitísimos obxectos que grazas a simples debuxos e pequenos movementos conseguiron a crear a maxia do cine de animación!!! Eso si, aprender os nomes deses xoguetes ópticos complicóusenos un pouco, pero pásamolo xenial investigando, creándoos e vendo como funcionaban!!

A nosa carteleira!!

Imaxe
 Comezamos o noso proxecto de cine facendo as nosas propias versións dos carteis dalgunhas películas...esperade por vindeiras entregas!!