Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2016

XIII Festa de exaltación da empanada de forquellas e cachena da Serra do Quinxo.

Imaxe
Para conmemorar a festa que se celebra en Entrimo propuxemos un concurso de vacas cachenas, no que gañou a vaca máis orixinal.

Día das Letras Galegas

Imaxe
Despois dunha semana completa traballando sobre as obras de Manuel María, propuxemos un concurso de marcapáxinas baseado nos poemas da obra "Os soños na gaiola", cada cativo colleu ó azar un poema no que tiña que basear o seu marcapáxinas, mentres traballabamos íamos lendo os poemas que nos tocaran.  Os de infantil fixeron o marcapáxinas baseado na obra de Manuel María "O bigote de Mimí".

Día de EUROPA

Imaxe
Para celebrar o Día de Europa buscamos moita información sobre os países europeos, a súa localización e as cores das súas bandeiras, para crear un mural moi Europeo.
Imaxe
PROGRAMA DE PARTICIPACIÓN AMBIENTAL Viñeron a facernos unha visita para informarnos sobre a importancia do coidado das reservas da biosfera de Galicia, xa que nós temos a sorte de vivir nunha delas e debemos potenciar o seu bo estado. 
Imaxe
DÍA DO LIBRO Celebramos o Día do Libro o venres 22 de Abril e, como non, fixémolo lendo: as rapazas maiores do cole contáronlle uns contos preciosos ós cativos nos que rompían con todos os estereotipos dos contos tradicionais, pasámolo moi ben escoitando e comparando as novas versións coas de toda a vida.  Tamén lemos un conto que inventamos entre todos durante as semanas anteriores e decidimos o título do mesmo: "Unha historia chea de aventuras"
Imaxe
VISITA DE ANXO MOURE O pasado 19 de abril visitounos na biblioteca o escritor Anxo Moure e pasámolo mooooooiii ben con el e as súas historias. 
Imaxe
Día Internacional da Muller!! Celebramos o Día Internacional da Muller, o 8 de marzo, recibindo a visita de tres nais que responderon ás entrevistas dos cativos sobre o seu día a día e explicamos os murais que previamente preparamos, por cursos, sobre tres grandes mulleres da historia.
Imaxe
SAÍMOS DE EXCURSIÓN!! O 16 de Febreiro collemos o autobús e marchamos de excursión ata Ourense, gozamos dunha divertida obra de arte e dun día moi soleado.
Imaxe
ENTROIDO 2016 Neste curso o entroido no cole de Entrimo foi celebrado por flores, mister potatos e astronautas...todos eles fixeron un desfile pola vila.
Imaxe
Día escolar da NON Violencia e da Paz!! O pasado 29 de Xaneiro celebramos no cole o Día da Paz, repartimos flores de papel, apertas, bicos,...
Imaxe
DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA EN CONTRA DAS MULLERES Foi o 25 de novembro cando nos xuntamos para demostrar que estamos en contra da violencia de xénero, para celebrar este día fixemos, por aulas, alegatos a favor da igualdade e contra a violencia de xénero, E xuntamos as nosas mans nun mural para demostrar que xuntos podemos construir un mundo sen violencia. 
Imaxe
MAGOSTO O 13 de Novembro celebramos o Magosto en Entrimo: comemos castañas, tomamos chocolate e manchámonos un "pouquiño", pasámolo xenial!!
Imaxe
SAMAÍN A finais do pasado mes de Outubro celebramos na escola un terrorífico día de Samaín. Comezamos propoñendo un concurso de cabazas, e o resultado foi o seguinte: Na tarde do Samaín, na que todos viñan disfrazados de seres espantosos, celebramos un taller de historias de medo que posteriormente lemos nun ambiente..."escuro".