Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2019

LECTURAS PARA A PAZ

Imaxe
Na presente semana celebrase o día mundial da PAZ   😇🎉 e na entrada do noso  🏫centro temos unha pequeniña selección de lecturas sobre o tema. Tamén levaremos a cabo unha bonita e ben colorida actividade....estade ben atent@s....

IRIÑA BAILARINA

Imaxe
Seguimos a ler na aula dos mais peques do cole desta vez a historia dunha bailarina incansable.. .IRIÑA .

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA AS FAMILIAS

Imaxe
Estes días dispoñemos no cole dunha maleta viaxeira na cal hai diverso material para as FAMILIAS  dos nosos alumnos/as, aquí deixámosvos algunas recomendacións, pasade a velas !!! 

VISITA ASESOR BIBLIOTECAS

Imaxe
O xoves visitou a nosa biblio Paco Díaz asesor de bibliotecas, deu para moito a súa visita, mesmo  inauguramos o novo ESPAZO MAKER no cal traballaremos sobre ROBÓTICA, CLUBE DE CIENCIAS e o PDI do centro e PROXECTA entre outras moitas cousas .....ademais trouxo unha maleta viaxeira, por certo animounos a seguir polo bo camino!!!!. 

NOVIDADES

Imaxe
Na biblio temos algunha que outra novidade que comezaremos a contar a partir de mañá..... novos materiais, novos espazos e algunha visita ....de momento queda todo preparadiño .....estade ben atent@s!!!!!!!!

LECTURAS E LIBROS DE ANTES

Imaxe
Na entrada do centro puidestes ver libros e materiais  doutra época e comprobar que O LIBRO     é algo que perdura durante o tempo e de xeración en xeración, ben certo é que inda que muden o seu aspecto e temática seguen a ser transmisores de aprendizaxes, soños, aventuras....

O PICARAÑO

Imaxe
Inda que estábamos de vacacións, como ben sabedes fixemos unha pequena colaboración co novo xornal de Entrimo O PICARAÑO   ,a súa presentación foi o día 29 de Decembro no museo de Entrimo.  Desexámoslle  moita vida e por suposto que conten connosco  para vindeiras colaboracións.