Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2023

Letras galegas 2023

Imaxe
Na celebración dunha data tan importante xuntámonos todos e todas para buscar información sobre o autor homenaxeado e crear uns "pasapalabras" con toda a información recada.

Día de Europa

Imaxe
Para aprender máis cousas sobre Europa aproveitamos a celebración de Eurovisión, fixemos un visionado das cancións participantes buscando cada país no mapa e rexistrando información sobre o mesmo. Posteriormente fixemos as nosas votacións, igual que no festival orixinal. Na sesión de inglés tamén eleximos un dos países de Europa de fala inglesa e fixemos un breve estudio sobre o mesmo. Os máis pequenos empregamos o croma para viaxar polos monumentos europeos que máis nos gustaron.

"NUTRICOLES"

Imaxe
Continuando coa Boa Nutrición recibimos a visita das mozas de Nutricoles que nos axudaron a profundizar na importancia da boa nutrición, propoñéndonos uns talleres moi interesantes, como o de recoñecer diversas froitas e os seus beneficios ou crear ensaladas creativas e nutritivas.

A Boa Nutrición!!

Imaxe
O Sergas propúxonos dúas charlas sobre a boa nutrición e a verdade é que o pasamos xenial ademáis de aprender moitísimo!! 

Día do Libro 23!!

Imaxe
Este curso traballamos o Día do Libro baseándonos nos nosos libros favoritos, coas portadas dos cales fixemos un mural!  Tamén fixemos unhas rosas de papel que levamos para regalar ao nos@ lector/a favorit@! Ademáis escribimos unha historia entre as tres aulas, os máis pequenos encargáronse de empezalo, os medianos inventaron o nudo e os maiores o desenlace! Fixemos unha obra maestra!! DÍA DO LIBRO 2023   “CACHEPEPI”   Érase unha vez, unha vaca cachena chamada Cacheniña que vivía nunha granxa de EΝΤRIMO. A súa vida era moi aburrida porque pasaba o día encerrada e sen facer nada máis que pastar e durmir. Todo isto cambiou o día que se asomou polo valado unha cabra salvaxe chamada Pepita, fixéronse moi amigas e un día decidiron escapar xuntas para correr novas aventuras. Comezaron a camiñar durante moitas horas e chegaron de noite ao Monte de Bouzadrago, onde decidiron descansar ata que se fixera de día. Pero a medianoite comezaron a escoitar sons de animais que escapaban de al

Semana da Prensa!

Imaxe
Esta semana fixemos moitas actividades empregando os xornais e mesmo fixemos unha homenaxe a Mafalda, importante protagonista en moitos medios de comunicación!!

8Marzo2023

Imaxe
Este 8 de Marzo creamos a nosa propia "Árbore da igualdade" decorada coas nosas mans unidas pola igualdade e escribindo sobre as súas ramas palabras que describen ás mulleres da nosa vida!!  Tamén visualizamos algúns cortos baseados na temática da igualdade.

Día de Rosalía!!

Imaxe
Para conmemorar o día da nosa artista máis grande traballamos cunha canción creada a partir dun poema de Rosalía de Castro: "Eu ben vin estar o moucho"!!