Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2018

E NA MIÑA CASA QUE LLES GUSTA LER?

Imaxe
A biblioteca está a levar a cabo entre outras actividades e propostas, o fomento da lectura no ámbito familiar e para tal fin, que mellor que implicar as nosas familias, verdade??? estes días poderedes ver na entrada do noso centro un carteliño que ben o explica, e a partirés do 4 de decembro o resultado da mesma, agardamos sexa unha iniciativa que teña éxito.....xa vós contarei!!! 

DIA INTERNACIONAL DA INFANCIA

Imaxe
Hoxe 20 de Novembro celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA

PROXECTA : O CAMIÑO PORTUGUÉS

Imaxe
Por fin é unha realidade acaban de concederlle ao noso centro o Proxecta de Educación Patrimonial.......para nós é unha boísima nova !!!!!! www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_provisional_18_19_plan_proxecta_definitiva_asinada.pdf

MES DA CIENCIA NA BIBLIOTECA

Imaxe
Este mes de novembro é o mes da Ciencia En Galego na biblioteca. Por suposto que algún experimento argallaremos!!!!  E como non........aquí vós deixamos algunha proposta literaria sobre ó tema, en concreto un libro de tipo informativo que lles encanta dende os máis pequenos os máis maiores,poderedes atopalo na nosa biblio .

O MAGOSTO

Imaxe
Co gallo do Magosto dende a biblioteca propuxemos unha serie de lecturas axeitadas a esta festividade. Nesta época non todo vai ser pan e chourizo verdade?? tamén hai algo de tempo para ler.... A historia de Xaime  e as landras amósanos o paso do tempo e poder así comprender como muda o noso aspecto físico e o do entorno. Co libro O Magosto descubrimos en primera persoa a tradición e costumes típicas esta festa.  

LECTURA EN EDUCACIÓN INFANTIL E 1º DE PRIMARIA

Imaxe
Como xa puidestes ver nunca publicación anterior , na aula dos máis pequenos traballamos con contos. O certo é que lles encantan !!!

NOVIDADES

Imaxe
ATENCIÓN!!!!!!! Acabados de chegar: novo material na Biblioteca do noso cole.....e ademais para todos os gustos dende ciencias a cómics, dende narración a poesía, dende infantil a primaria e incluso gamers....agardando xa a que os nosos rapaces e rapazas os lean ....

SAMAÍN

Imaxe
No Samaín ademais de cabazas terroríficas e xogos arrepiantes ....houbo ....por suposto lectura, aquí vós deixo a proposta de libros para ler nestas datas tanto para os máis peques con "Monstruos patas arriba" coma para os maiores "El vampiro vegetariano " e "El fantasma de Canterville" ademais  houbo proposta de lectura en galego con " Contos de charlatáns, grumetes, botas e fendas", " Contos de cabuxas, ratos, libros e casas " , " Contos de barcos, paxaros, infancias e pesadelos" e " Contos de máscaras, rúas, perdicións e caníbales" como podedes ver todos eles dan moito medo !!!

PDI

Imaxe
Como xa ben sabedes o noso cole está a facer varios proxectos a vez, un deles e no cal a biblio traballa a reo é o PDI  sobre o camiño de Santiago portugués ....aquí vos deixamos algunhas fotiños da nosa visita a Santa María a Real onde descubrimos o escudo que estamos a investigar na misión número 1.....atoparemos a identidade dese famoso cardeal do que ninguén sabe nada??? ......

LECTOMETRO

Imaxe
Esta semana estreamos o LECTOMETRO que nos permitirá levar a conta de todos os libros lidos .....de seguro que o completaremos axiña.....  así que estade atentos/as !!!!!.

O CONTO

Imaxe
Un xeito lúdico e motivador  de promover a linguaxe e o seu uso é  "O CONTO " ademais desenvolve a imaxinación e a capacidade reflexiva xa que todos gardan unha mensaxe. Na aula de Educación Infantil e 1º de Primaria todas as semanas contamos un diferente que por suposto escollemos tendo en conta a opinión dos máis peques do cole.