Para inaugurar a nosa nova biblioteca fixemos unha festa por todo o alto. Tivemos de todo para demostrarlle aos cativos que na biblio se poden facer moitas cousas. Comezaron os nosos presentadores cortando a cinta inaugural despois do brillante discurso do director: Xa dentro da biblioteca os presentadores déronlle paso ó espectáculo: conseguiron que todos estiveran moi pendientes dos artistas. Comezaron os de infantil facéndonos rir continuaron os de 1º e 2º de primaria recitando preciosas poesías os de 3º e 4º fixéronnos bailar cunha marchosa canción que invitaba a todos a "vir á biblioteca" os maiores, de 5º e 6º, fixeron unha obra de teatro en INGLÉS!!!! E xa, para o remate, entregamos o premio á gañadora do concurso de marcapáxinas Parabéns Marta!!