Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2022

Novembro! Mes da ciencia!

Imaxe
 Comezamos intentando traspasar uns globos e... despois de moitos intentos e rebentóns... conseguímilo! Tamén descubrimos o sabor duns turróns empregando solo o sentido do gusto, cos ollos tapados!!

Os dereitos da INFANCIA!!

Imaxe
 

Día das Bibliotecas Escolares!!

Imaxe
 Para conmemorar o Día das Bibliotecas Escolares decidimos facer os nosos propios "carteis promocionais" en base a esta temática. O resultado foi moi colorido e apareceron moitos personaxes típicos dos contos tradicionais!

Fin de Curso!!

Imaxe
Para rematar o curso foron varias as actividades que fixemos. Primeiro saímos de excursión a Celanova: paseamos polo mosteiro, escoitamos o seu órgano en directo, subimos ata o campanario, visitamos a capela de San Miguel...foi un paseo longo pero encantounos!! E por último tivemos unha festa por todo o alto  con hinchables, pintacaras e tatoos!!

Recollendo froitos!

Imaxe
 Por fin comezamos a ver os resultados da nosa horta na que tanto traballamos. As nosas leitugas medraron e levámolas para a casa para poder degustalas. Foi un traballo duro pero Mereceu a pena!!

Día Europeo dos Parques Naturais!

Imaxe
 Este 24 de maio fixemos unha saída moi especial. Aproveitando que vivimos nun incomparable Parque Natural, xuntámonos todas as escolas que temos a sorte de estar rodeadas do Xurés e fixemos unha saída a Muíños para visitar os "dólmen" e facer unha actividade moi interesante sobre especies autóctonas ou invasoras na zona do Corgo!! Pasámolo xenial TODOS XUNTOS!!

As Letras Galegas!

Imaxe
 Para conmemorar o Día das nosas Letras fixemos un taller de "Pasapalabra". Para iso, previamente investigamos a fondo o vida e obra do autor homenaxeado para despois, por grupos, elaborar un "pasapalabra" baseado nos seus datos! Ao rematar levamos a cabo un concurso que estivo moi igualado!!!

O Mes de Maio!

Imaxe
 Para conmemorar o mes das Letras Galegas recibimos unha visita moi especial que nos axudou a recordar a importancia e a resaltar a beleza da nosa lingua!!

Día do Libro 2022!!

 Como cada mes de abril celebramos o Día do Libro na escola. Este curso decidimos crear "Os nosos sorbos de lectura" para despois repartilos entre todos. O que fixemos foi coller os libros que estamos a ler neste momento na "Hora de ler" para facer un debuxo e copiar un anaco do mesmo nun papel que metemos nun vaso de cartón decorado especialmente para este día. Despois xuntámolos todos e escollemos un ao azar para levar para casa. E así todos teremos un "sorbo" de lectura doutro compañeiro.

Día da Terra 2022!!

Imaxe
O 22 de abril celébrase o Día da Terra e para mostrar o noso apoio ao planeta comezamos a plantar algunhas cousiñas no noso novo horto! Estamos feitos grandes agricultor@s!!  

Semana da Prensa!!

Imaxe
 Foron moitas as actividades que fixemos cos xornais para conmemorar a Semana da Prensa: Comezamos cos de Infantil buscando letras para formar os seus nomes e recortando algunhas noticias (separando o titular da foto e da noticia) para unha actividade posterior co resto do alumnado. Despois, entre todos, tivemos que volver "unir" as noticias e colocar cada titular e foto coa súa noticia correspondente. Tamén empregamos estas noticias para atopar nelas os nomes, os verbos e os adxectivos. E creamos as nosas propias noticias mesturando titulares reais.

8 de Marzo 2022!!

Imaxe
 Para conmemorar o Día da Muller propuxémoslle ao alumnado que fixera un "cómic" no que a protagonista fose unha "heroína" inspirada na MULLER DA SÚA VIDA. Os resultados foron impresionantes.

Semana de Entroido 2022!!

Imaxe
 Comezamos a semana cumplindo os mandatos do meco e rematámola visitando o colexio de Lobios e participando no seu desfile lucindo o noso disfraz de "cabreir@s". Moitas gracias pola invitación!