Publicacións

Imaxe
DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA EN CONTRA DAS MULLERES Foi o 25 de novembro cando nos xuntamos para demostrar que estamos en contra da violencia de xénero, para celebrar este día fixemos, por aulas, alegatos a favor da igualdade e contra a violencia de xénero, E xuntamos as nosas mans nun mural para demostrar que xuntos podemos construir un mundo sen violencia. 
Imaxe
MAGOSTO O 13 de Novembro celebramos o Magosto en Entrimo: comemos castañas, tomamos chocolate e manchámonos un "pouquiño", pasámolo xenial!!
Imaxe
SAMAÍN A finais do pasado mes de Outubro celebramos na escola un terrorífico día de Samaín. Comezamos propoñendo un concurso de cabazas, e o resultado foi o seguinte: Na tarde do Samaín, na que todos viñan disfrazados de seres espantosos, celebramos un taller de historias de medo que posteriormente lemos nun ambiente..."escuro".

As nosas eiruguiñas comellonas!!

Imaxe
Un dos los libros favoritos dos primeiros lectores da nosa biblioteca é... "A eiruguiña comellona" de Eric Carle Polo que nos decidimos a criar as nosas propias eiruguñas, cada día están máis grandes e algunha xa montou o se casullo Seguiremos informando do crecemento dos nosos vermes.

ÍMONOS A OURENSE!!

Imaxe
Para coñecer máis a fondo o libro de "A nena e o grilo" marchamos de excursión a Ourense para que no lo conten nunha estupenda obra de teatro, chea de cancións e diversión: Ao acabar aproveitamos para dar un paseo pola capital e desfrutar dunha riquiiiiiisima comida: Xa coa barriga ben chea marchamos ó parque a seguir pasándoo ben: E cansos de tanto xogar e pasalo ben montamos no bus de volta a Entrimo

Semana das Letras Galegas 2015_Xosé Filgueira Valverde!!

Imaxe
Para celebrar a Semana das Letras Galegas deste ano, adicamos as horas de ler de todos os días da semana. Comezamos cunha breve presentación da vida e obra do homenaxeado realizada pol@s mestres: Posteriormente os nen@s comezaron a traballar en pequenos grupos: Cando porfin todos rematamos Pasamos a expoñer parte do traballo e a completar a exposición compoñendo un quebracabezas da lámina que nos faltaba:

DÍA DO LIBRO!!

Imaxe
Para celebrar o Día do libro foron os maiores do cole, de 5º e 6º de primaria, os encargados de contarlle contos infantís aos máis pequenos. Quedaron todos encantados coa experiencia!!!