Comezamos intentando traspasar uns globos e... despois de moitos intentos e rebentóns... conseguímilo! Tamén descubrimos o sabor duns turróns empregando solo o sentido do gusto, cos ollos tapados!!
Para conmemorar o Día das Bibliotecas Escolares decidimos facer os nosos propios "carteis promocionais" en base a esta temática. O resultado foi moi colorido e apareceron moitos personaxes típicos dos contos tradicionais!
Para rematar o curso foron varias as actividades que fixemos. Primeiro saímos de excursión a Celanova: paseamos polo mosteiro, escoitamos o seu órgano en directo, subimos ata o campanario, visitamos a capela de San Miguel...foi un paseo longo pero encantounos!! E por último tivemos unha festa por todo o alto con hinchables, pintacaras e tatoos!!
Por fin comezamos a ver os resultados da nosa horta na que tanto traballamos. As nosas leitugas medraron e levámolas para a casa para poder degustalas. Foi un traballo duro pero Mereceu a pena!!
Este 24 de maio fixemos unha saída moi especial. Aproveitando que vivimos nun incomparable Parque Natural, xuntámonos todas as escolas que temos a sorte de estar rodeadas do Xurés e fixemos unha saída a Muíños para visitar os "dólmen" e facer unha actividade moi interesante sobre especies autóctonas ou invasoras na zona do Corgo!! Pasámolo xenial TODOS XUNTOS!!
Para conmemorar o Día das nosas Letras fixemos un taller de "Pasapalabra". Para iso, previamente investigamos a fondo o vida e obra do autor homenaxeado para despois, por grupos, elaborar un "pasapalabra" baseado nos seus datos! Ao rematar levamos a cabo un concurso que estivo moi igualado!!!