Este curso para conmemorar un día tan importante para a nosa biblioteca fixemos un taller de "Caixas literarias" no que convertemos caixas de refugallo en representacións dalgúns contos, recoñecédelos?
Comezamos o curso visitando a biblioteca municipal para que nos expliquen todas as actividades que propoñen e todos os recursos que poñen á nosa disposición cada tarde. Coñecemos a Kúmiko, encargada dos obradoiros de fala inglesa e a Marisa que é quen se vai encargar dos talleres de xadrez. Graciñas pola invitación!!
Aprendemos sobre o que nos rodea empregando a Intelixencia Artificial, neste caso unha aplicación chamada Seek que cunha sola fotografía recoñece as plantas e animais e explica as súas principais características.
Aceptamos a invitación do centro de saúde de Bande para que nos ensinaran o seu funcionamento e aproveitamos para visitar o complexo arqueolóxico Aquis Querquernnis.
Foron moitas as novidades que introducimos no patio para conseguir que sexa máis dinámico: zona de lectura, de xogos musicais, quendas de xogos, circuitos, coidado da horta, xogos de destreza, equilibrio e coordinación, etc.
Despois de recibir unha petición de axuda para acabar cos viláns que nos andaban rondando, puxémonos "pés á obra" e camiñamos un pouco cada día para poder derrotalos.
Recibimos a visita da hixienista do centro de saúde de Bande para recordarnos a importancia de manter uns bos e continuos hábitos de hixiene buco-dental!
Un curso máis fixemos unha excursión tod@s xunt@s cara o final de curso. Este ano marchamos ata o EcoParque Atalaia no que colaboramos no coidado dos animais e participamos nunha Xincana moi entretida.
Na celebración dunha data tan importante xuntámonos todos e todas para buscar información sobre o autor homenaxeado e crear uns "pasapalabras" con toda a información recada.
Para aprender máis cousas sobre Europa aproveitamos a celebración de Eurovisión, fixemos un visionado das cancións participantes buscando cada país no mapa e rexistrando información sobre o mesmo. Posteriormente fixemos as nosas votacións, igual que no festival orixinal. Na sesión de inglés tamén eleximos un dos países de Europa de fala inglesa e fixemos un breve estudio sobre o mesmo. Os máis pequenos empregamos o croma para viaxar polos monumentos europeos que máis nos gustaron.
Continuando coa Boa Nutrición recibimos a visita das mozas de Nutricoles que nos axudaron a profundizar na importancia da boa nutrición, propoñéndonos uns talleres moi interesantes, como o de recoñecer diversas froitas e os seus beneficios ou crear ensaladas creativas e nutritivas.
Este curso traballamos o Día do Libro baseándonos nos nosos libros favoritos, coas portadas dos cales fixemos un mural! Tamén fixemos unhas rosas de papel que levamos para regalar ao nos@ lector/a favorit@! Ademáis escribimos unha historia entre as tres aulas, os máis pequenos encargáronse de empezalo, os medianos inventaron o nudo e os maiores o desenlace! Fixemos unha obra maestra!! DÍA DO LIBRO 2023 “CACHEPEPI” Érase unha vez, unha vaca cachena chamada Cacheniña que vivía nunha granxa de EΝΤRIMO. A súa vida era moi aburrida porque pasaba o día encerrada e sen facer nada máis que pastar e durmir. Todo isto cambiou o día que se asomou polo valado unha cabra salvaxe chamada Pepita, fixéronse moi amigas e un día decidiron escapar xuntas para correr novas aventuras. Comezaron a camiñar durante moitas horas e chegaron de noite ao Monte de Bouzadrago, onde decidiron descansar ata que se fixera de día. Pero a medianoite comezaron a escoitar sons de animais que e...
Esta semana fixemos moitas actividades empregando os xornais e mesmo fixemos unha homenaxe a Mafalda, importante protagonista en moitos medios de comunicación!!
Este 8 de Marzo creamos a nosa propia "Árbore da igualdade" decorada coas nosas mans unidas pola igualdade e escribindo sobre as súas ramas palabras que describen ás mulleres da nosa vida!! Tamén visualizamos algúns cortos baseados na temática da igualdade.
Para conmemorar o día da nosa artista máis grande traballamos cunha canción creada a partir dun poema de Rosalía de Castro: "Eu ben vin estar o moucho"!!
Como cada ano esforzámonos moito para ter unha decoración navideña xenial e chea de ilusión!! Incluso participamos no concurso de postais promovido por "Xesta brava" quedando unha das nosas postais a 3° clasificada!
Gracias á nosa participación no programa Naturézate dentro do Plan Proxecta, recibimos unha charla sobre A vexetación e as árbores galegas e ademais fixemos un Obradoiro para aprender a facer saquiños anticouza. Xa somos uns "expertos" no tema!