Publicacións

Día do Libro 2022!!

 Como cada mes de abril celebramos o Día do Libro na escola. Este curso decidimos crear "Os nosos sorbos de lectura" para despois repartilos entre todos. O que fixemos foi coller os libros que estamos a ler neste momento na "Hora de ler" para facer un debuxo e copiar un anaco do mesmo nun papel que metemos nun vaso de cartón decorado especialmente para este día. Despois xuntámolos todos e escollemos un ao azar para levar para casa. E así todos teremos un "sorbo" de lectura doutro compañeiro.

Día da Terra 2022!!

Imaxe
O 22 de abril celébrase o Día da Terra e para mostrar o noso apoio ao planeta comezamos a plantar algunhas cousiñas no noso novo horto! Estamos feitos grandes agricultor@s!!  

Semana da Prensa!!

Imaxe
 Foron moitas as actividades que fixemos cos xornais para conmemorar a Semana da Prensa: Comezamos cos de Infantil buscando letras para formar os seus nomes e recortando algunhas noticias (separando o titular da foto e da noticia) para unha actividade posterior co resto do alumnado. Despois, entre todos, tivemos que volver "unir" as noticias e colocar cada titular e foto coa súa noticia correspondente. Tamén empregamos estas noticias para atopar nelas os nomes, os verbos e os adxectivos. E creamos as nosas propias noticias mesturando titulares reais.

8 de Marzo 2022!!

Imaxe
 Para conmemorar o Día da Muller propuxémoslle ao alumnado que fixera un "cómic" no que a protagonista fose unha "heroína" inspirada na MULLER DA SÚA VIDA. Os resultados foron impresionantes.

Semana de Entroido 2022!!

Imaxe
 Comezamos a semana cumplindo os mandatos do meco e rematámola visitando o colexio de Lobios e participando no seu desfile lucindo o noso disfraz de "cabreir@s". Moitas gracias pola invitación!

Día da Paz 2022!!

Imaxe
Saímos polo pobo para pedir axuda aos veciños na consecución dunha serie de "Retos" e tamén decoramos o patio da escola cun enorme símbolo da paz.

Bo Nadal 2021!!

Imaxe
  Para marchar contentos de vacacións fixemos unhas actuacións navideñas perfectas. Esperamos que vos gusten e que desfrutedes moito das festas!!